Thursday 16 de May de 2024

Ofértanse un total de 11 propostas, 8 delas escolas deportivas


Este mércores día 15 arranca o prazo para apuntarse nas Actividades Deportivas de Verán do concello de Riveira

Este mércores 15 de xuño a partir das 9 horas será aberto o prazo de inscrición para participar nas Escolas Deportivas de Verán 2016: período que estará aberto ata o vindeiro 22 de xuño ás 13.30 horas.

Oito son as actividades propostas nesta nova edición da iniciativa que promove a Concellería de Deportes:
1. Aerobic Xóvenes: para nados entre 2006 e 2000 e que se celebrará no complexo da Fieiteira.
2. Baloncesto: nados entre 2009 e 2000, no complexo da Fieiteira
3. Pádel: nados entre 2009 e 2000, no Centro de Raqueta Santa Uxía
4. Patinaxe: nados entre 2012 e 2000, no polideportivo de Artes
5. Tenis: nados entre 2009 e 2000, no complexo da Fieiteira
6. Triatlón: nados entre 2009 e 2000, no complexo da Fieiteira
7. Xadrez: nados entre 2009 e 2000, na Casa da Xuventude
8. Multideporte – Psicomotricidade: nados entre 2012 e 2010, no Complexo da Fieiteira

Tamén terán lugar as seguintes actividades:
1. Campamento deportivo: nados entre 2010 e 2004, no polideportivo do IES Número 1 e inmediacións
2. Campaña de vela (da Deputación da Coruña): de 9 a 18 anos, na zona marítima de Coroso.
3. Curso de Iniviación ao Surf (nados entre 2007 e 1999), na praia do Vilar.

Os interesados poden cumprimentados a súa inscrición no formulario habilitado na páxina web do Concello de Riveira, www.riveira.gal. Tamén se poderá facer de xeito presencial na Oficina de Deportes situada no complexo da Fieiteira.

O comezo das clases está programada para o luns 4 de xullo.